lunes, 3 de octubre de 2016

SAÍDA CON YESSI:


O domingo, 2 de outubro, fomos dar un paseo por Cambados con Yesi, unha rapaza que ten unha enfermidade rara e que agora está nunha cadeira de rodas. Xuntamos tapóns para ela, porque necesita que sigan investigando a súa doenza. Fomos as escolas de Covas de Lobos e  A Modia, acompañados polas profes María, Chuli e Alberto.
Yessi amosounos, no pequeno paseo que demos, as dificultades que se atopa unha persoa nunha cadeira de rodas para moverse por Cambados: hai moitos sitios polos que non se pode baixar, as rampas están moitas estropeadas, hai sitios nos que non pode entrar porque non teñen un acceso axeitado...
Poñemos o enlace para que coñezades mellor a Yessi: http://www.elmundoconyesi.es/








No hay comentarios:

Publicar un comentario