domingo, 16 de octubre de 2016

APRENDEMOS CON MARIÁN:

O venres 14 de outubro os nenos e nenas de Covas de Lobos e A Modia, tivemos a visita de Marián, unha traballadora do departamento de educación da fundación ONCE.
Ensinounos unha chea de cousas: leunos o conto do caracol Serafín, aprendemos a adiviñar unha cor polo seu cheiro (ten uns rotuladores con olor!!!), fixemos un circuito para recorrelo cos ollos vendados e axudados polo bastón, ensinounos a guiar a unha persoa con dificultades visuais e contestou unha chea de preguntas que queriamos facerlle sobre como se desenvolve na vida cotiá unha persoa destas características. Tamén vimos un vídeo de como educan aos cans guías.

Logo fixemos unhas actividades moi chulas coa profe Fátima, pero xa falaremos delas.



No hay comentarios:

Publicar un comentario