domingo, 26 de febrero de 2017

MURAL

Agora estamos facendo un mural. Empregamos todo o que temos á man: ceras, pinturas, mans... gústanos facelo deitados. En canto mellore un pouco tempo poñeremos tamén os pés.









XOGOS CON AREA

Tamén experimentamos coa area, escribimos nela, facemos castelos, mollámola e xogamos.





EXPERIMENTOS DE SOPLO

Seguimos experimentando co soplo. Collemos un guante de látex, un vaso de plástico e unha palliña. Furamos o vaso cun punzón, metémoslle a palliña e colocamos o guante enriba do vaso atándoo cunha cordiña. E... MAXIA!


PAZ

Con motivo do día da PAZ preparamos con María, a profe de relixión, unhas caretas coa forma da pomba da paz.  E logo fíxonos este video tan divertido.


VISITA DA ARTISTA LULA GOCE

Os días 30 e 31 de xaneiro as nenas e nenos de Covas e Modia fixemos un taller de pintura coa artista Lula Goce. Foi fantástico!

Primeiro Lula amosounos o seu traballo, especialmente os murais que fixo en diferentes cidades.

A continuación fíxonos fotos e logo proxectounas nuns papeis nas paredes. Nós repasamos as nosas figuras.



Despois fixemos as mesturas das pinturas para conseguir a cor carne e podernos pintar. Unha vez conseguidas, e con outras cores máis, empezamos a pintar no chan os murais.



Tamén preparamos en papel de xornal follas para adornar os nosos murais. Pintámolas, recortámolas e pegámolas nos murais, con moito arte.

O resultado final é precioso! Estamos moi orgullos@s!!

Temos que agradecer especialmente ás familias que viñeran botarnos unha man. Fixeron de dúas xornadas de traballo uns momentos inesquecibles, polo seu esforzo, entusiasmo e bo rollo! 👌


VISITA DE MANOLITA

O día 26 de xaneiro visitounos Manolita, a nai da profe Fátima, que padece anosmia (non percibe os olores). Foi unha visita moi entretida e cariñosa e pasámolo moi ben. 

Manolita díxonos que o que máis mágoa lle daba de todo era non ter ulido nunca ás súas fillas. Imaxinades un mundo sen olores nin cheiros? A comida saberá igual?. Fixémoslle moitas preguntas e ao rematar regalounos unha piruleta... QUE MANCHABA A LINGUA!😊
Moitas grazas Manolita e Fátima por traernos esta experiencia tan marabillosa.