viernes, 22 de marzo de 2019

XOGAMOS CON ROBOT DOC

Seguimos xogando con DOC. Como solo tiñamos dous taboleiros para xogar con el, a profe fixo novos taboleiros cunha base de cartón pluma e outra de metacrilato. Entre as dúas poñemos as fichas do xogo para poder mandar ao robot. 
Gústanos moito xogar coas fichas dos contos: a profe danos pistas e temos que mandar a DOC ao conto correcto, segundo as pistas que nos deran.







XOGOS NA AULA, SEMPRE!!

Sempre dedicamos un tempo ao xogo na aula. Facemos xogos dirixidos, nos que nos di a profe o que temos que facer, xogos individuais ou en pequenos grupos (xogamos ao xogo das galiñas, coas regletas, cos xogos de equilibrio que tamén nos regalou Zoqueiro...). E tamén xogamos nos recantos, escollendo nós como queremos xogar e facendo nós os grupos.









XOGO DA OCA HUMANO

O outro día inventamos un xogo moi divertido: Zoqueiro regalounos o xogo das galiñas (que é coma un xogo da Oca pero con galiñas). Nós fixémolo no chan, con aros, e nós eramos as fichas. Tiñamos que tirar un dado e movernos polos aros, pero se caiamos no que poñía -2 tiñamos que volver atrás 2 casiñas, se poñía +2 ir dous máis para adiante, -1 era 1 para atrás, +3 eran 3 para adiante, se había unha casiña debuxada chegabamos á saída, pero se había unha cruz no aro... tiñamos que volver a empezar!!!









MON DAPORTA

Aos poucos días, o día 12 de marzo, veu Mon Daporta ao cole para facer unha clase de ilustración. Como nós coñecemos a Mon, xa que lemos os seus contos na escola e foi quen deseñou e nos axudou a pintar o noso valo da escola, quixemos ir tamén a esa clase.
Ensinounos a pintar á Rata Luísa. Gracias, Mon!!











Esa mañá tamén xogamos no ximnasio coa clase da profe Chiky. 


E como tamén chovía volvemos facer o recreo no corredor coas clases das profes Charo e Chiky.




CONTACONTOS

O día 7 de marzo, á volta dos días libres de Entroido, volvemos ao colexio de Vilariño para ir a un contacontos.
Veu unha libreira de Santiago a presentarnos algúns libros moi divertidos e interesantes que ten na súa librería e que ela presenta aos colexios. Vimos libros chulísimos!!





Como tiñamos tempo, xa que pasamos a mañá no cole, aproveitamos que o ximnasio estaba libre para facer xogos. É un espazo moi amplo e tiñamos moito sitio para correr. Tamén nos fixemos fotos diante do espello do ximnasio porque é moi grande e cabemos todos na mesma foto.




Aquel día estaba chovendo e non puidemos saír ao recreo, pero as nenas e nenos de Infantil do cole teñen moitos xoguetes para enredar cando chove. Fixemos o recreo no corredor.





ENTROIDO

O día 1 de marzo fomos ao colexio de Vilariño a celebrar o Entroido con todos eles. 
Iamos disfrazados de espantallos, porque estamos traballando temas da horta e cantamos unha canción todos os nenos e nenas de infantil. 
Tamén comemos orellas, filloas, biscoitos e amorodos!! Que saboroso todo!😋

Antes do desfile estivemos xogando no cole e fixémonos fotos.










Como eramos tantos non se nos entendía ben, así que o grabamos na escola.