jueves, 21 de febrero de 2019

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

O vindeiro domingo, 24 de febreiro, é o día de Rosalía de Castro. Como cae en domingo no cole de Vilariño van facer unha xornada especial o venres 22. Nós tamén quixemos contribuír á homenaxe ilustrando un poema de Rosalía que se chama Lúa e que di así:






Nós interpretamos o poema á nosa maneira e ilustramos os tres primeiros veros do mesmo. O resultado quedou moi fermoso, coma o poema de Rosalía:





miércoles, 20 de febrero de 2019

ARTE: O BERRO

Continuamos traballando emocións a través de cadros famosos. Para o medo traballamos co cadro de Munch "O berro". 




Gustounos moito e interpretámolo á nosa maneira porque somos grandes artistas.
Este é o resultado do noso traballo:












PSICOMOTRICIDADE CON AROS

Seguimos facendo unha sesión de psicomotricidade cada día ao chegar, para desentumecer os músculos. Hai obxectos que nos gustan moito, como as pedras de río, o banco de equilibrio ou as "montañas". O outro día fixemos unha sesión con aros e picas, había que pasar por riba ou por baixo, segundo a altura, e foi moi divertido.
A Yara animámola moito porque é a máis pequena, pero xa o fai coma os maiores. Noraboa, Yara!!






ALFOMBRA DE NÚMEROS

Aos poucos días de facer a alfombra de letras fixemos unha cos números, do 1 ao 9. Estivemos xogando a encestar nun túnel unha pelota. Tiñamos que dicir o número dende  o que iamos lanzar e se encestabamos conseguiamos os puntos que marcara o noso número. Mauro e Noa conseguiron encestar dende o 9, que é dificilísimo!!!




ALFOMBRA DE LETRAS

O outro día montamos unha alfombra con letras. Tivémonos que poñer de acordo para saber como a iamos facer e traballar xuntos para facela entre todos. Logo xogamos a situarnos enriba da letra que nos dicía a profe.





AGASALLO DE ZOQUEIRO

Zoqueiro marchou o outro día. Ten que ir á escola de trasnos e estivo uns días fóra. Pero cando volveu tróuxonos un agasallo moi especial e divertido: o xogo das galiñas!! Hai que tirar os dados e ver quen chega primeiro á saída, pero se che toca un -2 tes que andar dous casiñas para atrás e se che toca un +2 dúas casiñas para adiante. O primeiro día xogamos todos xuntos en equipos e gañaron Mauro e Yara, e iso que Alba e Sabela ían rapidísimas, pero tocoulles dúas veces -2 e foron quedando atrás. Agora xogamos en canto temos un ratiño, pasámolo xenial!!

Zoqueiro xa nos dixo que vai marchar máis veces, e se somos bos, vainos traer máis agasallos. Que ben!!

martes, 19 de febrero de 2019

lunes, 11 de febrero de 2019

BOTES DA CALMA

O outro día fixemos uns botes da calma, un para cada un.
Empregamos:

- Aceite corporal
- Purpurina de cores
- Estreliñas de cores
- Botes pequenos de cristal.

Cada un fixo o seu como quixo e quedaron moi chulos. Despois levámolos para a casa.
Tamén fixemos 5 para a escola, así se algún se pon un pouco nervioso só ten que coller un bote e relaxarse mirándoo un pouquiño.






REGLETAS MAGNÉTICAS

Tamén traballamos con regletas magnéticas na pizarra branca. Con elas aprendemos a facer sumas e restas sinxelas. 


BURBUJAS DE PAPEL

O luns, 4 de febreiro fomos a Pontevedra a ver a obra de teatro "Burbujas de papel" na Sede Afundación. Foi moi divertido e ademais encántanos ir en autobús.



Fomos con todo o alumnado e profesorado de Educación Infantil do CEIP Plurilingüe Enrique Barreiro Piñeiro.



HORTIÑA INTERIOR

Como non sempre está bo tempo para traballar na fóra, fixemos unha pequena horta interior. Plantamos lilium e cando medren ímolos levar para a casa. Tamén temos uns bulbos para plantar fóra, en canto o tempo nos deixe traballar un pouquiño.




Puxémoslles uns espantallos porque quedaban moi chulos.


viernes, 1 de febrero de 2019

REGLETAS XIGANTES

Este ano seguimos traballando coas regletas, pero agora temos unhas xigantes, para que as vexamos todos e podamos manexalas mellor.
Xa as coñecemos moi ben. Gústanos moito xogar con elas.



ARTE

Estamos traballando sobre as emocións e axudámonos de cadros importantes. Ademais aprendemos cousas relacionadas con eses cadros e cos seus autores.
Xa coñecemos á Gioconda, e sabemos cousas de Leonardo da Vinci. Con ela traballamos a calma, porque nos parece que é moi tranquila.



Outro cadro que escollemos foi O Bico, de Gustav Klimt. Relacionámolo co amor.



E co medo relacionamos o cadro de Edvuard Munch, O Berro.


Primeiro intentamos descubrir de que cadro se pode tratar, cando a profe nos ensina unha foto tapada, só hai buratiños e polo que se ve a través deles intentamos averiguar de cal se pode tratar.



A medida que imos destapando buratos e vemos máis cachiños vamos dicindo que cadro nos parece a nós. A Gioconda recoñecémola enseguida, pero o Berro custounos un pouquiño máis!!




Coa Gioconda tamén facemos un xogo que nos gusta moito: atopamos o cadro da Gioconda calva, así que poñémoslle pelo, cellas, ollos, nariz... Pasámolo pipa!


E, naturalmente, facemos as nosas versións dos cadros que estamos coñecendo. Somos grandes artistas!!





Estes son algúns dos nosos traballos. Fantásticos!!





A NOSA HORTIÑA

Cando deixa de chover un par de días aproveitamos para coidar a nosa horta: quitarlle herbas malas, mirar se as nosas plantiñas van medrando e, ás veces, plantamos algo máis. 
O último día sementamos unhas cenorias que tiñamos dentro de clase, para que medren fortes e tamén prexel.