viernes, 1 de febrero de 2019

ARTE

Estamos traballando sobre as emocións e axudámonos de cadros importantes. Ademais aprendemos cousas relacionadas con eses cadros e cos seus autores.
Xa coñecemos á Gioconda, e sabemos cousas de Leonardo da Vinci. Con ela traballamos a calma, porque nos parece que é moi tranquila.



Outro cadro que escollemos foi O Bico, de Gustav Klimt. Relacionámolo co amor.



E co medo relacionamos o cadro de Edvuard Munch, O Berro.


Primeiro intentamos descubrir de que cadro se pode tratar, cando a profe nos ensina unha foto tapada, só hai buratiños e polo que se ve a través deles intentamos averiguar de cal se pode tratar.



A medida que imos destapando buratos e vemos máis cachiños vamos dicindo que cadro nos parece a nós. A Gioconda recoñecémola enseguida, pero o Berro custounos un pouquiño máis!!




Coa Gioconda tamén facemos un xogo que nos gusta moito: atopamos o cadro da Gioconda calva, así que poñémoslle pelo, cellas, ollos, nariz... Pasámolo pipa!


E, naturalmente, facemos as nosas versións dos cadros que estamos coñecendo. Somos grandes artistas!!





Estes son algúns dos nosos traballos. Fantásticos!!





No hay comentarios:

Publicar un comentario