lunes, 5 de diciembre de 2016

TOMAS FALSAS

Os ensaios foron moi divertidos, porque anque sabiamos moi ben a obra, non sempre saían ben (trabucabámonos, nós ou a profe), caían os decorados, falabamos moi baixo...

Esto é o que poderiamos chamar: tomas falsas.











PREPARACIÓN DA OBRA

Somos grandes artistas e a obra de teatro saíunos moi ben, pero levounos moooito traballo: tivemos que facer os traxes, o que nós podiamos (a profe coseu á máquina por primeira vez na súa vida!!), fixemos os decorados...












Tamén tivemos que preparar o cartel anunciador, e arreglar a aula para poder representar a obra e acoller ás familias. Uf, non paramos!





domingo, 4 de diciembre de 2016

O BLOG DE COVAS

Este é o enlace do blog da aula de Covas: 

http://osnenoseasnenasdecovas.blogspot.com.es/


Tamén fan cousas moi interesantes. Botádelle un ollo!!

VIÑERON VISITARNOS AS NENAS DE COVAS

O pasado día 1 de decembro pasamos un día de convivencia coas nenas de Covas. 

Pasamos unha mañá moi divertida na que fixemos unha chea de cousas:

ASEMBLEA:

Compartimos os nosos xoguetes, amosámoslles como facemos nós a asemblea,  ensinámoslles as nosas cancións 



E, naturalmente, tamén cantamos a canción "La casa" en italiano (que aquí falamos moitos idiomas):


Despois representamos para as nenas e as profes o conto da Ratiña Presumida. Saíunos moi ben!.




A continuación, como nas dúas aulas estamos a traballar o sentido do gusto, elaboramos zumes, batidos e bocadillos. 

Os zumes fixémolos nós e logo as profes fixeron batidos de mango e laranxa, cenoria e laranxa e tamén de plátano, laranxa, pera e galleta (axudamos a facer zume e cortar os plátanos e as peras con coitelos de plástico e sen cortarnos). Comémolo todo. Que ricos estaban!

Co pan que nos trouxeron da panadería, quentiño e saboroso, fixemos bocadillos doces e salgados. Non deixamos nin as migas!! Temos que dárllelas gracias aos papás de Candela porque nos regalaron o pan. Moitísimas gracias!!




E como remate, saímos ao recreo e pasámolo estupendamente!!



jueves, 24 de noviembre de 2016

ESTREAMOS A NOSA OBRA DE TEATRO: A RATIÑA PRESUMIDA


Con gran éxito de público, totalmente entregado ao noso saber facer, estreamos o xoves 24 de novembro a obra de teatro: A ratiña presumida, baseada no conto do mesmo nome.
Estabamos nerviosos, pero fixémolo marabillosamente. Aplaudíronnos moito ao rematar. Mereciámolo porque traballaramos moitísimo: fixemos os decorados, os traxes, seleccionamos música e aprendemos toda a obra. Somos uns artistas!!!




Botamos moito de menos a Mauro, que está maliño e non puido vir. Pero témoslle gardado o seu traxe de pitiño:


 Foto da compañía de teatro A Modia. Actrices e actores marabillosos!!


jueves, 10 de noviembre de 2016

OLGA GONZÁLEZ VILAS veu ensinarnos cousas do teatro:


O pasado martes, 8 de novembro, veu Olga González Vilas, a directora do grupo de teatro aficcionado Caracol,  a falarnos e ensinarnos cousas do teatro ai CEIP Enrique Barreiro de Vilariño. Alí estivemos tódolos infantís de Covas, Sineiro e A Modia (40 nenos e nenas metendo barullo!).


Con ela viñan dous compañeiros e foi XENIAL!!. Inventaron unha obra na que tiña que haber animais salvaxes, leóns, xirafas, elefantes, monos, ras... pero tamén tiña que haber vento, chuvia e tronos. Todos participamos facendo algunha destas personaxes ou elementos da obra e foi moi divertido.


Moitas grazas Olga!. Sabemos que os maiores tamén estiveron con vós e tamén o pasaron fantásticamente, pero nós somos grandes actores e actrices e dentro de pouco estrearemos a obra que estamos preparando. Seguiremos os teus consellos!
















VEU YESI A VISITARNOS:

O pasado venres 4 de novembro veu Yesi ao CEIP Enrique Barreiro para visitarnos e recoller os tapóns que tiñamos gardados para ela. 

Hai que seguir recollendo moitos máis!!! 
Podedes ver toda a información da visita no blog do cole: http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipenriquebarreiro/

domingo, 30 de octubre de 2016

SAMAÍN

O venres 28 de outubro celebramos o Samaín na escola. Xa tiñamos a aula moi adornada. Quedou chulísima!!

O día do Samaín viñemos todos disfrazados. Baleiramos unha cabaza e fixémoslle unha cara, anque non daba moito medo, tamén trouxemos outras xa da casa que eran preciosas. Trouxemos doces moi saborosos e algún ademais de rico era ¡terrorífico!