viernes, 10 de noviembre de 2017

OUTRAS ACTIVIDADES

Tamén facemos outras actividades. Dedicámoslle moito tempo á psicomotricidade, para mover moi ben todo o noso corpo, á matemática e á linguaxe. Traballamos moitísimo!!



CANCIÓNS

Cada mañá, logo de facer as rutinas, cantamos algunhas cancións. Somos moi cantaríns e temos un repertorio moi grande. Aquí van algúns exemplos:





SAMAÍN

Coma tódolos anos celebramos o Samaín. Este ano tamén fixemos xogos de Halloween, gracias á teacher Maira.

Resulta que o pobre Timmy Teeth estaba pendurado dunha árbore e nós tivemos que liberalo, primeiro atopando os ovos de arañas e vampiros que había no patio e logo tirando as botellas que estaban cheas de "sangue". Pero fixémolo moi ben e conseguimos que Timmy Teeth fora libre de novo. Dounos moitos bicos, porque estaba moi contento.






Tamén levamos cabazas adornadas á escola e entre todos pintamos unha que nos quedou moi chula. 







Tamén preparamos unhas coroas cos nosos nomes escritos con letras arrepiantes. 


E fixemos cunha caixa un tragabólas con caras de cabazas. É moi difícil atinar.

E logo fixemos FESTA!!!



domingo, 22 de octubre de 2017

XA TEMOS UN HORTO!

O NOSO PEQUENO HORTO:
Gracias a mamá Pili e avoa Pilar, na Modia xa temos un pequeno horto. Ámbalas dúas prepararon o terreno, levaron bloques e terra, así como un plástico para evitar que as herbas invadan as nosas plantiñas nada máis nacer.
 Traballaron moito (anque elas din que non lles levou nada), nun par de tardes chuviosas e o venres 20 tiñamos as nosas plantas (que tamén trouxo Pili), de remolacha, coliflor, lombarda e porro. Polo medio puxemos fresias, que adornan moito.
Agora temos que coidar o noso horto, arrincar as malas herbas e coidar que os caracois non coman as nosas verduras. Ai, que caldiños máis saborosos imos facer!

Consultando páxinas en internet sobre distintos temas, atopei unha italiana que se chama "Tutta un'altra scuola" (que sería algo así como unha escola diferente), na que un agrónomo, Emilio Bertoncini, organizaba un pequeno horto na escola infantil da súa filla dun xeito casi casual. Do porque daquel horto a mín gustoume moito as palabras que di nesta páxina e que creo que son un bo motivo para facer un horto cos nenos e nenas na escola e que, traducidas, din máis ou menos así:


“…para restituír un valor positivo ao emporcallar as mans. Mancharse é necesario para facer, para construír, para crecer, para chegar á concreción das cousas e para aprender. E pódese aprender a mancharse. Traballar na horta, cociñar, pintar… cantas son as actividades nas que é necesario mancharse?. Pero hai un mancharse necesario e un que é superfluo, que chega a ser unha mala educación, falta de respecto e ás veces, perigo. Pero manchar as mans para dar vida a seres viventes é aprender o sentido do coidado, é comprender o valor da comida e empezar a respectalo. É comprender os nosos alimentos e o traballo dos agricultores. É descubrir que o tempo que pasa é aquel necesario para chegar a un resultado e non sempre basta con facer “click”. É descubrir a incerteza e a satisfacción do resultado. Manchar as mans (non só unicamente) é o único modo para comprender a natureza, para vivila e comprendela, para facela parte da nosa vida. Manchar as mans coidando un horto ou un xardín da escola é o mellor modo para comprender que a natureza nos rodea…”

Creo que tod@s estaremos de acordo con el. 

sábado, 30 de septiembre de 2017

Remata o primeiro mes do curso

COMEZAMOS UNHA NOVA ANDAINA

Xa remata o mes de setembro. Neste mes chegaron amigos novos: Fabiana, Pablo, Noa e Mariña e botamos de menos a Jorge, Neus, Rosa, Rodrigo e Sabela.

Ao longo deste mes estivemos coñecéndonos e descubrindo materiais que hai na escola. 

O patio é un lugar moi divertido porque hai un mundo de terra que transportar dun lugar a outro coas palas e as carretas. Moito traballamos!


Tamén facemos psicomotricidade tódalas mañás e debuxamos.

O outro día estivemos medindo a cortiza que temos no chan. Usamos cordas, picas, pratos, coches, bonecas e os nosos corpos!!


O día 27 celebramos tamén o cumpreanos de Mariña e aproveitamos para facer as nosas primeiras fotos de grupo. Que guap@s somos!!


domingo, 4 de junio de 2017

EXPOSICIÓN OBRADOIRO DE ARTE

E como xa somos uns artistas, os vindeiros venres 9 e sábado 10 imos facer unha exposición das nosas obras xunto con ABI CASTILLO. 
Nela poderedes ver as obras de Abi e que fixemos nós a partir das obras que escolleron no Museo Thyssen Bornemisza e das nosas fotografías.

Non volo perdades!


CONTINUACIÓN DO OBRADOIRO CON ABI CASTILLO

Logo da visita da ilustradora Abi Castillo continuamos traballando o retrato. Neste caso os nosos propios retratos.
Partimos dos cadros que enviara o departamento de educación do Museo Thyssen Bornemisza cos que xa traballaramos con Abi. Estudiámolos de novo e describímolos en todos os detalles que puidemos.






Despois mirándonos no espello fomos describíndonos, intentando explicar todos os detalles que viamos en nós.









A continuación fixemos os nosos retratos. Usamos como referencia a metade das nosas fotografías en formato DIN A3 e tiñamos que completar, como nós quixeramos, a metade que faltaba. 
















Abi deixounos algunhas partes do rostro para que completemos os nosos retratos. Esta semana farémolo 👍



DESPEDIDA DE NINA

O pasado venres, 2 de xuño, Nina a auxiliar de conversa do CEIP Plurilingüe Enrique Barreiro Piñeiro, despediuse de nós, xa que volve á súa casa en Boston.

Na Modia tivemos pouca relación con Nina, pero no cole fixeron unha festa moi chula e baixáronnos hamburguesas para comer. Que ricas! 😋