Na EEI Modia xogamos, aprendemos, divertímonos, investigamos... Aqui imos amosar algunhas das actividades que facemos.
jueves, 24 de noviembre de 2016
jueves, 10 de noviembre de 2016
OLGA GONZÁLEZ VILAS veu ensinarnos cousas do teatro:
O pasado martes, 8 de novembro, veu Olga González Vilas, a directora do grupo de teatro aficcionado Caracol, a falarnos e ensinarnos cousas do teatro ai CEIP Enrique Barreiro de Vilariño. Alí estivemos tódolos infantís de Covas, Sineiro e A Modia (40 nenos e nenas metendo barullo!).
Con ela viñan dous compañeiros e foi XENIAL!!. Inventaron unha obra na que tiña que haber animais salvaxes, leóns, xirafas, elefantes, monos, ras... pero tamén tiña que haber vento, chuvia e tronos. Todos participamos facendo algunha destas personaxes ou elementos da obra e foi moi divertido.
Moitas grazas Olga!. Sabemos que os maiores tamén estiveron con vós e tamén o pasaron fantásticamente, pero nós somos grandes actores e actrices e dentro de pouco estrearemos a obra que estamos preparando. Seguiremos os teus consellos!
VEU YESI A VISITARNOS:
O pasado venres 4 de novembro veu Yesi ao CEIP Enrique Barreiro para visitarnos e recoller os tapóns que tiñamos gardados para ela.
Hai que seguir recollendo moitos máis!!!
Podedes ver toda a información da visita no blog do cole: http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipenriquebarreiro/
Suscribirse a:
Entradas (Atom)