domingo, 4 de junio de 2017

EXPOSICIÓN OBRADOIRO DE ARTE

E como xa somos uns artistas, os vindeiros venres 9 e sábado 10 imos facer unha exposición das nosas obras xunto con ABI CASTILLO. 
Nela poderedes ver as obras de Abi e que fixemos nós a partir das obras que escolleron no Museo Thyssen Bornemisza e das nosas fotografías.

Non volo perdades!


CONTINUACIÓN DO OBRADOIRO CON ABI CASTILLO

Logo da visita da ilustradora Abi Castillo continuamos traballando o retrato. Neste caso os nosos propios retratos.
Partimos dos cadros que enviara o departamento de educación do Museo Thyssen Bornemisza cos que xa traballaramos con Abi. Estudiámolos de novo e describímolos en todos os detalles que puidemos.






Despois mirándonos no espello fomos describíndonos, intentando explicar todos os detalles que viamos en nós.









A continuación fixemos os nosos retratos. Usamos como referencia a metade das nosas fotografías en formato DIN A3 e tiñamos que completar, como nós quixeramos, a metade que faltaba. 
















Abi deixounos algunhas partes do rostro para que completemos os nosos retratos. Esta semana farémolo 👍



DESPEDIDA DE NINA

O pasado venres, 2 de xuño, Nina a auxiliar de conversa do CEIP Plurilingüe Enrique Barreiro Piñeiro, despediuse de nós, xa que volve á súa casa en Boston.

Na Modia tivemos pouca relación con Nina, pero no cole fixeron unha festa moi chula e baixáronnos hamburguesas para comer. Que ricas! 😋









CONTINUAMOS O NOSO MURAL EN PAPEL

Seguimos pintando o noso mural. Agora puxemos as nosas pegadas de pés. Seguiremos pensando que outras cousas poñer nel.

As pegadas dos pés foron moi divertidas de facer, porque o pincel facía cóxegas e escorregabamos ao pintar.


VAMOS AO CAMPING

O pasado mércores 31 de maio fomos de excursión ao camping "Os Fieitás" de O Grove, xunto coas nenas e a profe de Covas.

Foi un día emocionante no que xogamos na praia, no monte, comemos tod@s xunt@s (uns máis outros menos 😄). Volvemos moi cansados pero foi fantástico compartir todos xuntos esta experiencia.



















Mellor non poñemos fotos da viaxe de volta, porque algúns viñan xa durmindo 😉