domingo, 30 de octubre de 2016

SAMAÍN

O venres 28 de outubro celebramos o Samaín na escola. Xa tiñamos a aula moi adornada. Quedou chulísima!!

O día do Samaín viñemos todos disfrazados. Baleiramos unha cabaza e fixémoslle unha cara, anque non daba moito medo, tamén trouxemos outras xa da casa que eran preciosas. Trouxemos doces moi saborosos e algún ademais de rico era ¡terrorífico!

O MARTES 25 DE NOVEMBRO VEU MARTINA

O pasado martes 25 de novembro tivemos a visita de Martina, que é óptica optometrista. Contounos unha chea de cousas interesantes sobre a vista, como coidar mellor os ollos, canto tempo debemos estar diante da tele ou do ordenador (non máis de 20 minutos seguidos). Díxonos que é moi importante que saimos fóra a xogar no exterior.

Amosounos como é un ollo e as súas partes principais, deixounos tocar lentes de diferentes aumentos (para saber como ve a xente que ten problemas de visión), tocamos lentillas, miramos como son os parches dos nenos que teñen ambliopía (ven ben por un ollo e polo outro non, por iso este deixa de traballar e chámase "ollo vago" e entón hai que tapar o que ve para que o outro non perda visión). 

Tamén probamos gafas distintas e facíanos moita gracia :) :)

domingo, 16 de octubre de 2016

APRENDEMOS CON MARIÁN:

O venres 14 de outubro os nenos e nenas de Covas de Lobos e A Modia, tivemos a visita de Marián, unha traballadora do departamento de educación da fundación ONCE.
Ensinounos unha chea de cousas: leunos o conto do caracol Serafín, aprendemos a adiviñar unha cor polo seu cheiro (ten uns rotuladores con olor!!!), fixemos un circuito para recorrelo cos ollos vendados e axudados polo bastón, ensinounos a guiar a unha persoa con dificultades visuais e contestou unha chea de preguntas que queriamos facerlle sobre como se desenvolve na vida cotiá unha persoa destas características. Tamén vimos un vídeo de como educan aos cans guías.

Logo fixemos unhas actividades moi chulas coa profe Fátima, pero xa falaremos delas.

SOPLAMOS PINTURA

Somos uns artistas, pero é moi cansado. Ás veces facemos algunha trampa e empurramos a pintura coa palliña en lugar de soprar.

COSEMOS

para mover os nosos dediños e coordinar a nosa vista. Dásenos moi ben, pero as agullas son de plástico!.