jueves, 4 de octubre de 2018

UN NOVO CURSO

Comeza un novo curso.

Botamos de menos a Brais, Daniela e Candela. Ata sempre, amigos!! Verémonos nas festas!.

Este ano incorporouse ao grupo unha nova nena: Yara, que ven con moitas ganas de aprender e facer cousas.

 
Seguimos traballando moito tódolos días. E a Zoqueiro gústalle moito cando facemos actividades de ler e de contar. Pero ás veces, se nos esquecemos del, desordena toda a clase!!








domingo, 10 de junio de 2018

CONCURSO MEDIO AMBIENTE

Co gallo do Día Internacional do Medio Ambiente o Concello convocou un concurso de debuxos.

Nós participamos cuns debuxos preciosos, anque non nos deron moito tempo para realizalos. 

Sabela e Candela levaron premios!!!🙌




AMERICAN DAY

Tamén celebramos o American Day, dado que Fred (que estivo de profesor de conversa no CEIP Enrique Barreiro), marchaba do cole. 

Con él viñeron Ashley, a súa muller, e a profe Sara - xa que eles non sabían chegar ata a Modia -.




Trouxeron hamburguesas e caramelos americanos (candy, candy!!😋)


PSICOMOTRICIDADE

Máis sobre a nosa psicomotricidade:



TRABALLO DIARIO

Traballamos moito tódolos días. Algúns exemplos:


DÍA DO LIBRO

A profe Sara e a profe Carmen invitáronos a festexar o Día do Libro. Fixemos varios xogos moi divertidos e logo tivemos que atopar un tesouro.

Buscamos por todo o patio ata que ao final o atopamos pendurado dunha árbore. Eran libros, para nós!!!










MR. FOX

Coa profe Maira facemos un xogo moi divertido: Mr. Fox.



VISITA COMPAÑEIR@S DE 6º

O 26 de abril visitáronos  Andrea, Cristian e Mateo, alumn@s de 6º de primaria, que viñeron a ensinarnos a facer un cadriño dun peixe. Foi todo en inglés, porque era unha actividade de Arts.
Qué ben o fixeron!!


TEATRO CARACOL

O 25 de abril fomos ao teatro Caracol. Pasámolo moi ben e os actores fixeron subir ao escenario á profe Pili e ao profe Fernando. Qué risas!!



A NOSA HORTA

O 20  de abril plantamos leitugas na nosa horta. As nosas verduras non resultaron todo o ben que queriamos, pero o tempo non acompañou nada.


CANCIÓN DA PRIMAVERA

Continuando coas nosas actividades cotiáns, dámoslles a benvida á primavera. Cada día cantamos unha canción:







Facemos unha foto do grupo:


jueves, 5 de abril de 2018

VARIAS ACTIVIDADES: MATEMÁTICA, PSICOMOTRICIDADE...

Continuamos traballando cada día, facemos moitas experiencias matemáticas, moita psicomotricidade, vamos coñecendo as letras e...




tamén facemos experimentos como elaborar plastilina!!
DIVERTIDÍSIMO!!!

Ao principio quedounos moi aceitosa, pero logo xa a preparamos estupendamente. Usamos fariña, auga, sal e aceite. 

sábado, 17 de febrero de 2018

OBRADOIRO DE MANIPULACIÓN

O último que fixemos foi crear un obradoiro de manipulación: nel podemos xogar con obxectos da vida diaria que nos axudan a favorecer a nosa motricidade fina (enchufes, pechaduras, cañerías nas que meter pelotas de distintos tamaños, esponxas, lixas, fieltros para tocar diferentes texturas...). 
Teremos que turnarnos porque todos xuntos non cabemos xa que hai moitas cousas que facer e o espacio non é moi grande. Está recén montado e todos queremos xogar nel.



ENTROIDO

E chegou o Entroido. E fomos disfrazados de libros seguindo a temática do proxecto da biblioteca.





Nós démoslle unha volta e fomos de Carapuchiño Vermello, Ratiño Presumido, Belo Durminte, Cocorica, Gata Lambona, Tres Porquiñas, Soldadiña de Chumbo, Loba e sete cabritas, Piterpana e a profe de Monstrua das Cores. Faltaba Pinocha, que estaba maliña, pero gardámoslle o traxe!!


SEMENTEIRO

Fixemos un sementeiros nos que puxemos tomates cherry,  cherry golden, rúcula, leituga vermella e branca... Os nosos alcouves están empezando a brotar, pero non sabemos se irán arriba.




GRAFOMOTRICIDADE

Estamos coñecendo as letras. Para aprender a escribir os nosos nomes e tódalas cousas que hai ao noso redor.





MATEMÁTICA

Traballamos moito a matemática. Con moitos materiais. Todo serve para contar, engadir, quitar... As regletas son un material excelente para traballar as matemáticas e ademais son entretidas.






PSICOMOTRICIDADE

Tódalas mañás comezamos con psicomotricidade. Movémos moito o corpo, recoñecemos o espacio, xogamos uns cos outros e pasámolo moi ben.