viernes, 31 de mayo de 2019

PSICOMOTRICIDADE NO EXTERIOR

Aproveitando que estes días fai moi bo tempo saímos fóra facer a psicomotricidade. Saímos a primeira hora, porque se non despois fai moita calor. Levamos os materiais para fóra e facemos carreiras, saltos, lanzamentos. Pasámolo en grande, pero suamos moito!


SUPERMERCADO FROIZ

O día 28 de maio fomos no Pavitren ao supermercado Froiz de Cambados. Este mes non paramos!!
Fomos para saber que pasa cos productos da horta, porque nós comemos os nosos, pero nos invernadoiros grandes plantan moitas cousas e queriamos saber de onde chegan os productos ao supermercado.
No super tamén vimos a peixaría, a carnicería e a panadería. Vimos todos os productos que había para vender e collemos unhas galletas para comer na escola, e están boísimas!!.
Fomos e volvemos no Pavitren, pero esquecemos facerlle foto! Ooh. Tamén demos un paseo por Cambados no Pavitren e saudamos a toda a xente que andaba polas rúas. Qué divertido foi!




GRANXA ESCOLA DE SERANTELLOS

O 20 de maio fomos de excursión á Granxa Escola de Serantellos, no colexio de Castrelo. 
Alí aprendemos cousas das aves, dalgúns mamíferos, fixemos pan, recollemos sementes... Pasamos unha mañá fantástica. Todos os animais nos gustaron moitísimo e había moitísimas cousas que ver e que facer. Estivemos cos compañeiros e compañeiras e coas profes do colexio de Vilariño. 
Queremos volver!!




 

ROBÓTICA COAS FAMILIAS

O pasado 14 de maio fomos ao colexio de Vilariño para compartir coas familias todo o que aprenderamos de robótica. Foi moi divertido xogar coas mamás, cos papás, coas avoas, avós, tías e tíos e amosarlles todo o que sabemos facer cos pequenos robots. 
Tamén fomos ver como aprenden robótica os dos distintos cursos de Primaria e gustounos moito!!




viernes, 26 de abril de 2019

TALLER DE COCIÑA CON ROCÍO GARRIDO

O pasado 24 de abril, á volta das vacacións de Semana Santa, pasamos a mañá no colexio de Vilariño, xunto coas nenas e nenos da profe Charo, e fixemos un taller de cociña con Rocío Garrido.
Alí fixemos unha cata a cegas (pan, polo), ulimos ingredientes (loureiro, anís) e preparamos unhas trufas de chocolate. 
Ao rematar comémolas, ñam, ñam!!










MESA DE LUZ

Unha das últimas compras que fixemos é unha  mesa de luz. Estamos mirándolle tódalas posibilidades que nos ofrece, pero de momento comezamos a xogar con area (na que escribimos co dedo e coa luz da mesa vese moi ben a letra que facemos) e tamén con siluetas de letras, números e animais. 
Pódenselle poñer distintas luces e gústanos moito traballar nela.







XOGO DAS CESTAS

O outro día fixemos un xogo moi divertido con cestas nas costas. O malo era que as cestas dábanse a volta e era complicado levalas atrás. Pero pasámolo moi ben. Había que intentar poñerlle na cesta ao compañeiro pezas e que el non conseguira poñer na miña. 


TEATRIÑO

A profe ten un tío, Diego, que é moi manitas. Cada vez que precisamos algo Diego fáinolo. Como nos gusta moito contar contos e o teatro fíxonos un teatriño para que contemos historias cos nosos bonecos e títeres. Quedou chulísimo!!!
Gracias, Diego!



É o Teatro da Escola da Modia.





TEATRO CARACOL

O día 9 de abril fomos ver o espectáculo Peter Pan, da compañía de teatro Caracol. Foi en Cambados e pasámolo moi ben. Fomos no autobús con tódolos profes, nenas e nenos do CEIP Plurilingüe Enrique Barreiro Piñeiro e portámonos superben!!
Á saída tiñamos que agardar ao autobús e facía un fríoooooo!!!



PERCUSIÓN

Gústanos  moito a música e sempre cantamos, pero unha cousa que nos encanta é facer nós música. Anque facemos moito barullo pasámolo pipa!!! A profe acaba con dor de cabeza.


SOPLIDOS

Ás veces facemos xogos de soprar: hai que levar unha pelota soprando cunha palliña sen saír do camiño. Se saes, tes que volver empezar. Acabamos moi cansados.







MIRÓ


Continuamos traballando arte e coñecendo artistas importantes. 
Un dos últimos pintores que coñecemos foi Joan Miró. Zoqueiro mandounos unha ficha para saber cousas del, porque tamén o estaba traballando na escola dos trasnos, e descubrimos que foi un pintor, escultor e gravador. Atopamos moitos cadros del e cada un escolleu o que máis lle gustaba para recrealo e facer a súa propia versión.
Somos grandes artistas.




Tamén fixemos a nosa propia versión dun dos seus cadros máis famosos: carota (carauta).


Así a vimos nós:









viernes, 22 de marzo de 2019

XOGAMOS CON ROBOT DOC

Seguimos xogando con DOC. Como solo tiñamos dous taboleiros para xogar con el, a profe fixo novos taboleiros cunha base de cartón pluma e outra de metacrilato. Entre as dúas poñemos as fichas do xogo para poder mandar ao robot. 
Gústanos moito xogar coas fichas dos contos: a profe danos pistas e temos que mandar a DOC ao conto correcto, segundo as pistas que nos deran.







XOGOS NA AULA, SEMPRE!!

Sempre dedicamos un tempo ao xogo na aula. Facemos xogos dirixidos, nos que nos di a profe o que temos que facer, xogos individuais ou en pequenos grupos (xogamos ao xogo das galiñas, coas regletas, cos xogos de equilibrio que tamén nos regalou Zoqueiro...). E tamén xogamos nos recantos, escollendo nós como queremos xogar e facendo nós os grupos.