domingo, 12 de marzo de 2017

ENTROIDO

CELEBRAMOS O ENTROIDO

O día 24 de febreiro celebramos o Entroido xunto co CEIP Enrique Barreiro Piñeiro. Os días previos fomos disfrazados segundo dicía D. Enrique:

O luns fomos moi elegantes:
O martes embarazad@s!!
Nesta foto fixemos trampa e puxemos a unha mamá que está embarazada de verdade 😂😂😂

O mércores tiñamos que levar o pelo de cores e os labios e os ollos pintados. Qué pintas!
O xoves tiñamos que vir como recén saídos da ducha, co gorro na cabeza e a toalla enrollada.
Por fin o venres fomos disfrazados de doutoras e doutores. O noso disfrace deste ano.
Como as nenas de Covas ían de corpo humano e nós de médic@s cantamos xuntos as cancións e fixémonos fotos todo o grupo.
Ao chegar ao cole vestímonos e fixemos, logo das fotos, un pasarrúas con todo o colexio.



 Aumentamos o cadro médico con Lisa, a mamá de Daniela, que tamén se sumou aos disfraces e ao paseo con nós.

Despois do paseo tivemos un tempiño para comer as cousas ricas que levamos entre todos: orellas, filloas, flores.... Qué rico!👅

Logo baixamos ao ximnasio para cantar as nosas coplas. Primeiro sentamos e agardamos o noso turno vendo outras actuacións:

E, finalmente, chegou o noso momento estelar, onde cantamos coas nenas de Covas e a profe María: "O corpo é así" e "Cóidate".
Este ano estamos celebrando o 35 aniversario do colexio de Vilariño, e fixemos unha tarta entre tódolos cursos. Nós tivemos que pintar de verde unha caixa que logo ía ser un piso da tarta. Fíxoo o grupo de 5º.

Antes de rematar o festival, coa queima da tarta, dixemos o noso poema. Falamos do vento que levou as tellas de Covas e soprou forte pola Modia.
E, como sempre, fixemos entre tod@s o cartel anunciador do festival de Entroido.