jueves, 26 de enero de 2017

NADAL

Festexamos o Nadal

O 21 de decembro fomos á Adega Martín Códax para celebrar con todo o colexio de Vilariño o festival de Nadal. 

Uns días antes preparáramos o cartel anunciador, para que todos souberan que iamos facer o noso festival e viñeran vernos.
Dounos moito traballo preparalo porque tivemos que escribir no ordenador, imprimir, recortar, pegar... Pero pasámolo estupendamente!!









Quedounos moi chulo 👌


O día do festival amosamos a nosa obra de teatro, que nos levou moito tempo preparar, xa que ademais de ensaiar, facer os disfraces, preparar o decorado, organizar o espacio e representar a obra diante das familias, tamén tivemos que doblar as nosas voces para que se puidera escoitar a gravación na adega. Somos uns artistas e uns actorazos! ☺☺

Despois do festival volvemos ao colexio de Vilariño e alí comemos a rosca que nos trouxera o Apalpador. Comemos e bailamos coas nenas de Covas de Lobos, ás que lles axudamos a cantar no festival a súa canción.









VISITOUNOS DIEGO CORDEIRO

SABOREAMOS FROITAS CON DIEGO CORDEIRO

O venres, 16 de decembro, veu visitarnos ao cole de Vilariño o cociñeiro do Parador Diego Cordeiro, recén chegado de Guadalaxara onde gañara un concurso internacional de tapas. Alí estivemos as aulas de Covas de Lobos e da Modia.


Diego amosounos unha chea de froitas coas que fixo batidos, zumes, brochetas...





Diego trouxo moitas froitas, algunhas coñecidas e outras que non viramos nunca. Ulímolas, tocámolas, vímolas e... saboreámolas.




Probamos todo o que nos puxo diante. QUE SABOROSO!!!











Diego tamén nos ensinou como se traballa tendo todo ben limpiño e ordenado. Estivemos moi atentos. E agardamos a que nos servira sen meter rebumbio.







E Daniela fixo de pinche de cociña!!