jueves, 26 de enero de 2017

VISITOUNOS DIEGO CORDEIRO

SABOREAMOS FROITAS CON DIEGO CORDEIRO

O venres, 16 de decembro, veu visitarnos ao cole de Vilariño o cociñeiro do Parador Diego Cordeiro, recén chegado de Guadalaxara onde gañara un concurso internacional de tapas. Alí estivemos as aulas de Covas de Lobos e da Modia.


Diego amosounos unha chea de froitas coas que fixo batidos, zumes, brochetas...





Diego trouxo moitas froitas, algunhas coñecidas e outras que non viramos nunca. Ulímolas, tocámolas, vímolas e... saboreámolas.




Probamos todo o que nos puxo diante. QUE SABOROSO!!!











Diego tamén nos ensinou como se traballa tendo todo ben limpiño e ordenado. Estivemos moi atentos. E agardamos a que nos servira sen meter rebumbio.







E Daniela fixo de pinche de cociña!!


No hay comentarios:

Publicar un comentario