viernes, 26 de abril de 2019

TALLER DE COCIÑA CON ROCÍO GARRIDO

O pasado 24 de abril, á volta das vacacións de Semana Santa, pasamos a mañá no colexio de Vilariño, xunto coas nenas e nenos da profe Charo, e fixemos un taller de cociña con Rocío Garrido.
Alí fixemos unha cata a cegas (pan, polo), ulimos ingredientes (loureiro, anís) e preparamos unhas trufas de chocolate. 
Ao rematar comémolas, ñam, ñam!!










MESA DE LUZ

Unha das últimas compras que fixemos é unha  mesa de luz. Estamos mirándolle tódalas posibilidades que nos ofrece, pero de momento comezamos a xogar con area (na que escribimos co dedo e coa luz da mesa vese moi ben a letra que facemos) e tamén con siluetas de letras, números e animais. 
Pódenselle poñer distintas luces e gústanos moito traballar nela.







XOGO DAS CESTAS

O outro día fixemos un xogo moi divertido con cestas nas costas. O malo era que as cestas dábanse a volta e era complicado levalas atrás. Pero pasámolo moi ben. Había que intentar poñerlle na cesta ao compañeiro pezas e que el non conseguira poñer na miña. 


TEATRIÑO

A profe ten un tío, Diego, que é moi manitas. Cada vez que precisamos algo Diego fáinolo. Como nos gusta moito contar contos e o teatro fíxonos un teatriño para que contemos historias cos nosos bonecos e títeres. Quedou chulísimo!!!
Gracias, Diego!



É o Teatro da Escola da Modia.





TEATRO CARACOL

O día 9 de abril fomos ver o espectáculo Peter Pan, da compañía de teatro Caracol. Foi en Cambados e pasámolo moi ben. Fomos no autobús con tódolos profes, nenas e nenos do CEIP Plurilingüe Enrique Barreiro Piñeiro e portámonos superben!!
Á saída tiñamos que agardar ao autobús e facía un fríoooooo!!!



PERCUSIÓN

Gústanos  moito a música e sempre cantamos, pero unha cousa que nos encanta é facer nós música. Anque facemos moito barullo pasámolo pipa!!! A profe acaba con dor de cabeza.


SOPLIDOS

Ás veces facemos xogos de soprar: hai que levar unha pelota soprando cunha palliña sen saír do camiño. Se saes, tes que volver empezar. Acabamos moi cansados.







MIRÓ


Continuamos traballando arte e coñecendo artistas importantes. 
Un dos últimos pintores que coñecemos foi Joan Miró. Zoqueiro mandounos unha ficha para saber cousas del, porque tamén o estaba traballando na escola dos trasnos, e descubrimos que foi un pintor, escultor e gravador. Atopamos moitos cadros del e cada un escolleu o que máis lle gustaba para recrealo e facer a súa propia versión.
Somos grandes artistas.




Tamén fixemos a nosa propia versión dun dos seus cadros máis famosos: carota (carauta).


Así a vimos nós: