lunes, 29 de mayo de 2017

Obradoiro con ABI CASTILLO

O día 11 de maio veu ABI CASTILLO, que é unha ilustradora viguesa, a facer un obradoiro de arte con nós, as nenas de Covas e @s nen@ de Modia. Foi moi divertido. 

Aprendemos a facer retratos aproveitando uns autorretratos que lle mandaran á profe María do Museo Thyssen (nós tiñamos que rematar a metade que faltaba). Logo puxémoslles ollos, narices e bocas de Abi, porque as fai dun xeito moi característico.

Grazas de novo á profe Sara (Orientación), Sara (prácticas), Carmen (relixión) e a Mari Carmen (mamá de Mauro).





































Fixemos un video. A ver se vos gusta.😍

MURAL NO MURO

Pintamos un mural con Mon Daporta.

Os días 3 e 8 de maio viñeron Mon Daporta, Manolo Rico e Eulàlia Planas (todos ex profes) a axudarnos a pintar o valo da escola. 

O noso valo antes era moi triste, todo cheo de bloques de cor gris, logo o Concello pintouno de branco, pero tampouco estaba moi bonito e molestaba tanta brancura nos días soleados.

Así que un día pedímoslle a Mon Daporta que nos pensara un debuxo para adornar o valo. Primeiro pedímoslle permiso ao señor Calo (o muro é del) e dixo que xa lle tardaba velo pintado, así que Mon púxose a matinar e nuns anacos de papel trouxo o "deseño" do que ía ser o noso valo (a verdade é que o boceto era ben austero, pero os artistas sonche así). 

Nunha mañá o noso valo de estar branco como a neve, pasou a ter montes, casas, porto... e noutra encheuse de fauna: peixes, pegas, vacas, cabalos... O que tal é capaz de facer Mon!

Temos que darlles as grazas especiais tamén a Manolo Rico e a Eulàlia Planas, por vir pasar dúas mañás con nós e ensinarnos e axudarnos. Sen eles os tres e as familias este valo seguiría triste, valeiro e feo. 





















































Tamén fixemos un video, pero quedou un chisco acelerado 😁😁😁