domingo, 30 de octubre de 2016

O MARTES 25 DE NOVEMBRO VEU MARTINA

O pasado martes 25 de novembro tivemos a visita de Martina, que é óptica optometrista. Contounos unha chea de cousas interesantes sobre a vista, como coidar mellor os ollos, canto tempo debemos estar diante da tele ou do ordenador (non máis de 20 minutos seguidos). Díxonos que é moi importante que saimos fóra a xogar no exterior.

Amosounos como é un ollo e as súas partes principais, deixounos tocar lentes de diferentes aumentos (para saber como ve a xente que ten problemas de visión), tocamos lentillas, miramos como son os parches dos nenos que teñen ambliopía (ven ben por un ollo e polo outro non, por iso este deixa de traballar e chámase "ollo vago" e entón hai que tapar o que ve para que o outro non perda visión). 

Tamén probamos gafas distintas e facíanos moita gracia :) :)













No hay comentarios:

Publicar un comentario