miércoles, 20 de febrero de 2019

AGASALLO DE ZOQUEIRO

Zoqueiro marchou o outro día. Ten que ir á escola de trasnos e estivo uns días fóra. Pero cando volveu tróuxonos un agasallo moi especial e divertido: o xogo das galiñas!! Hai que tirar os dados e ver quen chega primeiro á saída, pero se che toca un -2 tes que andar dous casiñas para atrás e se che toca un +2 dúas casiñas para adiante. O primeiro día xogamos todos xuntos en equipos e gañaron Mauro e Yara, e iso que Alba e Sabela ían rapidísimas, pero tocoulles dúas veces -2 e foron quedando atrás. Agora xogamos en canto temos un ratiño, pasámolo xenial!!

Zoqueiro xa nos dixo que vai marchar máis veces, e se somos bos, vainos traer máis agasallos. Que ben!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario