ENREDANDO E APRENDENDO
Na EEI Modia xogamos, aprendemos, divertímonos, investigamos... Aqui imos amosar algunhas das actividades que facemos.
miércoles, 23 de abril de 2025
ANIMAIS RAROS
Estudiamos moitos animais, pero encántannos os raros. Sabemos moitos nomes e buscámolos na pantalla dixital para aprender cousas sobre eles. Algúns parécennos un pouquiño feos, pero outros moi divertidos.
Creamos un xogo cos que máis nos gustaban, de entre aqueles máis estraños.
martes, 25 de febrero de 2025
XOGOS SOBRE VOGAIS
Continuamos traballando. Preparamos dous xogos sobre as vogais, logo de traballalas na clase. Gústanos moito como salta a ra!
sábado, 9 de noviembre de 2024
XOGO DE OUTONO
Aqui hai un pequeno xogo sobre o outono, moi faciliño de facer. Concéntrate para non fallar.
martes, 28 de mayo de 2024
APRENDEMOS MÁIS COUSAS SOBRE CAMBADOS
Intenta responder axeitadamente ás preguntas. Deberás dicir si ou non, segundo corresponda. Fíxate ben, para non errar.
viernes, 12 de abril de 2024
Máis cousas sobre marmotas!
Continuando co estudio das marmotas, miramos cun pouco de atención as súas características físicas, as súas costumes, os seus hábitats... Neste xogo so hai que recoñecer as partes do corpo dunha marmota, comparándoa con outros. É moi doado, adiante!
Cousas sobre marmotas
Estivemos estudiando cousas sobre Suíza e aprendemos moito. Un dos animais sobre o que traballamos foi a marmota. Mira a ver cantas cousas sabes contestar sobre elas. Fíxate ben, non te trabuques.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)