domingo, 4 de junio de 2017

OBRADOIRO DE FISIOTERAPIA CON MARÍA

O pasado 30 de maio viñeron visitarnos María e Ángela.

María é fisioterapeuta (e quen lle pon ben as costas á profe cando está torcida) e veu ensinarnos a dar masaxes e a adoptar posturas correctas para que nós non teñamos dores nin de costas, nin de pescozo, nin de ombros...
Empezamos sentindo o nosos corpos e os dos compañeiros, notando a respiración e algunhas partes que se moven (os brazos, as mandíbulas..) Logo ensinounos a dar masaxes como se as nosas mans foran platiños voantes e serpes. 
















Pola súa banda Ángela é farmacéutica e veu falarnos de para que serven os medicamentos e sobre todo que NUNCA NUNCA NUNCA debemos tomalos nós sós. Sempre cando nolos dean os papás, os avós... 

Moitas grazas a María e a Ángela.
Tamén a Pili e Mari Carmen (mamás de Sabela I. e Mauro), sempre dispostas a axudar. 

"CHEA DE VIDA" CON GUADI GALEGO

O pasado 15 de maio, no CEIP Enrique Barreiro Piñeiro, cantamos todos xuntos a canción de Guadi Galego: "Chea de vida", coa presenza da artista no noso patio.


Cantamos todos empregando diferentes linguaxes (linguaxe oral, de signos, pictogramas...). Foi moi emocionante.

Uns días antes viñera pola escola Thais, que fala a linguaxe de signos e xa signara esta canción de Guadi, a ensinarnos algunhas estrofas da mesma.
Grazas, Thais!


lunes, 29 de mayo de 2017

Obradoiro con ABI CASTILLO

O día 11 de maio veu ABI CASTILLO, que é unha ilustradora viguesa, a facer un obradoiro de arte con nós, as nenas de Covas e @s nen@ de Modia. Foi moi divertido. 

Aprendemos a facer retratos aproveitando uns autorretratos que lle mandaran á profe María do Museo Thyssen (nós tiñamos que rematar a metade que faltaba). Logo puxémoslles ollos, narices e bocas de Abi, porque as fai dun xeito moi característico.

Grazas de novo á profe Sara (Orientación), Sara (prácticas), Carmen (relixión) e a Mari Carmen (mamá de Mauro).





































Fixemos un video. A ver se vos gusta.😍