Na EEI Modia xogamos, aprendemos, divertímonos, investigamos... Aqui imos amosar algunhas das actividades que facemos.
miércoles, 5 de octubre de 2016
O CARACOL SERAFÍN:
A ONCE tamén nos prestou o conto dun caracol chamado Serafín. É un caracol moi especial porque ten a cuncha de papel.
Pero como Serafín é moi valente sae de viaxe polo xardín coa súa cuncha de papel, tendo coidado de non estragala. Vive moitas aventuras e gústanos moito. Tanto que fixemos a Serafín con plastilina.
Tamén vimos o conto en Internet. Xa coñecemos a todas as personaxes e as aventuras de Serafín!
lunes, 3 de octubre de 2016
SAÍDA CON YESSI:
O domingo, 2 de outubro, fomos dar un paseo por Cambados con Yesi, unha rapaza que ten unha enfermidade rara e que agora está nunha cadeira de rodas. Xuntamos tapóns para ela, porque necesita que sigan investigando a súa doenza. Fomos as escolas de Covas de Lobos e A Modia, acompañados polas profes María, Chuli e Alberto.
Yessi amosounos, no pequeno paseo que demos, as dificultades que se atopa unha persoa nunha cadeira de rodas para moverse por Cambados: hai moitos sitios polos que non se pode baixar, as rampas están moitas estropeadas, hai sitios nos que non pode entrar porque non teñen un acceso axeitado...
Poñemos o enlace para que coñezades mellor a Yessi: http://www.elmundoconyesi.es/
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
















