Máis sobre a nosa psicomotricidade:
Na EEI Modia xogamos, aprendemos, divertímonos, investigamos... Aqui imos amosar algunhas das actividades que facemos.
domingo, 10 de junio de 2018
DÍA DO LIBRO
A profe Sara e a profe Carmen invitáronos a festexar o Día do Libro. Fixemos varios xogos moi divertidos e logo tivemos que atopar un tesouro.
Buscamos por todo o patio ata que ao final o atopamos pendurado dunha árbore. Eran libros, para nós!!!
VISITA COMPAÑEIR@S DE 6º
O 26 de abril visitáronos Andrea, Cristian e Mateo, alumn@s de 6º de primaria, que viñeron a ensinarnos a facer un cadriño dun peixe. Foi todo en inglés, porque era unha actividade de Arts.
Qué ben o fixeron!!
TEATRO CARACOL
O 25 de abril fomos ao teatro Caracol. Pasámolo moi ben e os actores fixeron subir ao escenario á profe Pili e ao profe Fernando. Qué risas!!
A NOSA HORTA
O 20 de abril plantamos leitugas na nosa horta. As nosas verduras non resultaron todo o ben que queriamos, pero o tempo non acompañou nada.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)











