sábado, 17 de febrero de 2018

GRAFOMOTRICIDADE

Estamos coñecendo as letras. Para aprender a escribir os nosos nomes e tódalas cousas que hai ao noso redor.





MATEMÁTICA

Traballamos moito a matemática. Con moitos materiais. Todo serve para contar, engadir, quitar... As regletas son un material excelente para traballar as matemáticas e ademais son entretidas.






PSICOMOTRICIDADE

Tódalas mañás comezamos con psicomotricidade. Movémos moito o corpo, recoñecemos o espacio, xogamos uns cos outros e pasámolo moi ben.
















NADAL

Canto tempo sen publicar nada!!! E eso que temos unha chea de fotos do moito que traballamos. Imos empezar polo Nadal:


A familia de Sabela invitounos a visitar o seu Belén. É moi grande e está moi ben feito. Pasámolo moi ben véndoo e tamén comendo as cousas tan ricas que nos tiñan preparadas!!!





Tamén disfrutamos moito preparando a árbore de Nadal. Quedounos precioso!😍








Ensaiamos moito o noso poema teatralizado para o festival de Nadal. Como este ano o proxecto é sobre a Biblioteca nós fixemos unha historia sobre tres porquiñas. Que ben actuamos!



E logo fomos á Adega Martín Códax ao festival. 



viernes, 10 de noviembre de 2017

OUTRAS ACTIVIDADES

Tamén facemos outras actividades. Dedicámoslle moito tempo á psicomotricidade, para mover moi ben todo o noso corpo, á matemática e á linguaxe. Traballamos moitísimo!!



CANCIÓNS

Cada mañá, logo de facer as rutinas, cantamos algunhas cancións. Somos moi cantaríns e temos un repertorio moi grande. Aquí van algúns exemplos:





SAMAÍN

Coma tódolos anos celebramos o Samaín. Este ano tamén fixemos xogos de Halloween, gracias á teacher Maira.

Resulta que o pobre Timmy Teeth estaba pendurado dunha árbore e nós tivemos que liberalo, primeiro atopando os ovos de arañas e vampiros que había no patio e logo tirando as botellas que estaban cheas de "sangue". Pero fixémolo moi ben e conseguimos que Timmy Teeth fora libre de novo. Dounos moitos bicos, porque estaba moi contento.






Tamén levamos cabazas adornadas á escola e entre todos pintamos unha que nos quedou moi chula. 







Tamén preparamos unhas coroas cos nosos nomes escritos con letras arrepiantes. 


E fixemos cunha caixa un tragabólas con caras de cabazas. É moi difícil atinar.

E logo fixemos FESTA!!!