sábado, 13 de mayo de 2017

BALONCESTO

A semana pasada fixemos unha competición de baloncesto. O primeiro día fixémolo dentro da aula e o segundo puxemos un aro como se fose a canasta e xogamos. Pasámolo moi ben. Na canasta de fóra é máis difícil encestar, na que tiñamos dentro gañou Daniela, de segundo quedou Jorge e de terceira Neus. 

Fixemos entrega de medallas.





XOGOS DE MOTRICIDADE FINA E COOPERACIÓN

Ás veces facemos xogos moi divertidos de motricidade fina, para mellorar os nosos movementos das mans e o movemento illado dos dedos.
Temos que pescar tapóns, trasvasar líquidos, pintar cos dedos, ensartar macarróns... é moi divertido!









Temos un xogo moi entretido: cada un ten que vestir ao seu muñeco segundo as ordes que saian nos dados (un indica a cor e o outro a peza de roupa que hai que poñer). Gaña o que consigue vestir primeiro ao seu muñeco. 

PRESENTACIÓN PROXECTO 35

No mes de abril presentamos ante todas as familias e o colexio a nosa aportación ao Proxecto 35, co que celebramos o 35 aniversario do CEIP de VILARIÑO.


Alí presentamos os nosos murais a toda a comunidade educativa:







APRENDEMOS LINGUAXE DE SIGNOS

No mes de marzo veu Fernando, da Asociación Galega de Xordos, para ensinarnos algunhas palabras e expresións en linguaxe de signos. Con el aprendemos que os xordos non poden oír, pero si comunicarse e agora xa sabemos dicir algunhas cousas para comprender e facernos entender cunha persoa xorda.






Tamén aprendemos que as persoas xordas para aplaudir, en lugar de bater as mans o que fan é levantalas movéndoas,  xa que o son non o oen, pero as mans levantadas si poden velas.


lunes, 1 de mayo de 2017

A NOSA HORTA

Marién, a mamá de Rodrigo, regalounos leitugas, tomateiras e bulbos de liliums. Así que estivemos unha mañá cavando e cavando (que mala é a terra da escola!) para facer unha pequena horta e un xardinciño arredor do hibisco.O resto dos bulbos plantámoslos en testos, que é moito máis doado 😂














Agora coidámola horta e as plantas tódolos días. Cando medren faremos ensalada!! 😋😋😋

EXPERIMENTOS CON AUGA E ACEITE


Nun bote de cristal, con auga, aceite e alcohol fixemos unha burbulla que flota na auga.

Ao segundo intento saíu perfecta!







FACEMOS PSICOMOTRICIDADE



Tódolos días facemos un pouquiño de psicomotricidade (movemos os nosos corpos seguindo unha música, un recorrido, unhas consignas...). Pero o que máis nos gusta é montar con Chuli un recorrido con todo o que atopamos: aros, túneis, camiños, "pedras de río", as nosas "montañas"... e manter o equilibrio durante o mesmo.